¿Quenes somos?

Galicia Turismo
Rural

A Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) xunto coas asociacións de turismo rural de distintos xeodestinos, están a promover un plan de apoio ao turismo rural galego que posibilite abordar a etapa post-covid19 con garantías hixiénico-sanitarias e, ao mesmo tempo, dinamizar o arranque desta nova etapa por parte dos establecementos de aloxamento rural.
Esta campaña é posible grazas a un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia).

¿En qué consiste esta iniciativa?

Plan de apoio ao Turismo Rural 2020

O acordo sectorial entre o conselleiro de Cultura e Turismo e o presidente da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) tivo como consecuencia o tratamento das seguintes liñas de acción:

1. Dentro do Programa "Galicia destino seguro", un Plan de formación e implantación de medidas hixiénico-sanitarias ante a Covid-19 para os establecementos de aloxamento rural, que contribúa a unha inminente reapertura do sector con plenas garantías para os clientes.

Asimesmo, e  para as persoas propietarias ou que xestionan aloxamentos de turismo rural e que teñan participado nalgunha de ditas webinars de formación, serán convocadas a unha nova formación na que ademáis de reforzar a implantación do Plan de limpeza e hixiene e as medidas de seguridade no traballo, seranlles presentadas  plans e medidas de promoción, comunicación, comercialización e xestión que se están a procurar para a reactivación da actividade dos establecementos, e o servizo de consulta personalizada.

2. Un Plan de comercialización dixital para o sector do turismo rural no que teñan cabida os 555 establecementos de aloxamento rural que forma parte do REAT (Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas) coa matrícula TR. Para elo estase a abordar a creación dunha plataforma dixital a través da cal todo o mundo poida achegarse ao turismo rural de Galicia e reservar  en calquera dos aloxamentos ofertados. Así, ademais dos datos recollidos na ficha de cada aloxamento, disporá dun potente motor de reservas.

Asimesmo dita web será canle de información e formación  para as persoas propietarias e /ou que xestionan os establecementos adheridos a esta iniciativa. O obxectivo é que as reservas online de turismo rural en Galicia se poidan realizar dun xeito sinxelo e áxil. De acordo coas principais preferencias amosadas polos clientes para, nun entorno natural, disfrutar dun turismo sostible, tranquilo e seguro.