Todo o que debes saber sobre o Covid19 no turismo rural

Formación gratuita
online

Programa de accións formativas que ten como finalizade capacitar ao persoal dos establecementos nas medidas hixiénico-sanitarias que permitan reducir o contaxio pola Covid19 e garantir aos clientes unha reapertura na que se ofrezan condicións seguras de acollida, recepción e estadía.

Máis información
¿traballas nun aloxamento de turismo rural?

Próximas formacións

Formación traballadores
medidas hixiénico-sanitarias

· Webinar 9: mércores 15 de xullo, entre 17 e 18:30 ·
· Webinar 10: xoves 16 de xullo, entre 11 e 12:30 ·

Formación xerentes
medidas hixiénico-sanitarias

· Webinar 3: martes 21 de xullo, entre 17 e 18:30 ·
(*Requisito ter realizada a formación de traballadores)

¿En qué consisteN aS iniciativaS FORMATIVAS DO Plan de apoio ao Turismo Rural 2020?

Programa de formacións polo COVID19

Dende a chegada da crise sanitaria do coronavirus, o sector turístico en Galicia atópase nun momento transcendental polas graves consecuencias sanitarias que leva consigo e, porque está a provocar unha importante crise económica que afecta con especial virulencia ao sector turístico.

A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, dende o primeiro momento comprendeu que era preciso establecer unha estratexia compensatoria que reducise todo o posible o impacto. Para tal fin aprobou o “Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid19”. No seo deste plan atópanse a estratexia “Galicia Destino Seguro” e a adecuación hixiénico-sanitaria dos establecementos hostaleiros e aloxamentos turísticos, na que participa Fegatur.

Adicionalmente desenvolveranse outras accións formativas por parte de Fegatur dirixidas a afondar na dixitalización dos establecementos de aloxamento rural, que ademáis de facer máis competitivas as empresas, axuden a implantar medidas dirixidas a evitar o contaxio da Covid19.

A cooperación dentro do sector é vital para asegurar que poidamos contribuír eficazmente á contención do covid-19, así como para trasladar que é o máis axeitado para realizar turismo na época post-covid dado que os establecementos rurais resultan atractivos por atoparse en zonas naturais, con ambientes puros e que escapan da masificación dos destinos de sol e praia.

Formacións COVID-19

Fegatur, xunto coas asociacións de turismo rural de Galicia, asumiu o reto de colaborar nesta estratexia de reactivación no que compete ao sector do turismo rural a través de:

1. Formación básica ao persoal dos establecementos de aloxamento rural nas medidas hixiénico-sanitarias que permitan reducir o contaxio pola Covid-19. A participación nesta formación posibilita poder acceder á autoavaliación que o Centro Superior de Hostelería de Galicia oferta e que permite certificar oficialmente a formación.
Terá lugar a través da metodoloxía online.

Despois dos primeiros 6 webinars realizados en xuño con máis de 400 participantes, agora ofértase un segundo bloque de formación:
· Webinar 7: mércores 8 de xullo, entre 17 e 18:30
· Webinar 8: xoves 9 de xullo, entre 11 e 12:30
· Webinar 9: mércores 15 de xullo, entre 17 e 18:30
· Webinar 10: xoves 16 de xullo, entre 11 e 12:30

Inscrición ata o día anterior as 20:00h: AQUI
Invitación ao webinar: remitirase por mail o día anterior ao finalizar a inscrición.

2. Formación específica a xerentes/propietarios-as dos establecementos de aloxamento rural nas medidas hixiénico-sanitarias.
O requisito, aparte de ser propietario-a ou xerente, é ter participado na formación básica.

A próxima formación será:
· Webinar 3 Xerentes: martes 21 de xullo, entre 17 e 18:30

Inscrición ata o día anterior as 20:00h: AQUI

Invitación ao webinar: remitirase por mail o día anterior ao finalizar a inscrición.

3. Accións complementarias para a implantación das medidas hixiénico-sanitarias nos establecementos
a) Acompañamento individualizado na implantación das medidas a través dos consultores de Supernova (xuño-xullo). De xeito telemático atenderanse todas as dúbidas particulares que se poidan producir, de xeito que se garanta a axeitada aplicación dos procedementos e recursos propostos na formación.
b) Consulta de preguntas frecuentes que poidan xordir (xuño-setembro). Na medida en que o proceso é dinámico e xorden múltiples dúbidas, habilítase un servizo de resposta ás mesmas a través do canle que no seu momento se defina.

Os contidos da formación están baseados na normativa publicada co gallo do estado de alarma a nivel estatal e autonómico, na normativa de prevención de riscos laborais e normativa de Saúde Pública, incluídas as recomendacións da OMS. En particular recóllense os aspectos específicos indicados nas guías ICTE e os aportados polas asociacións autonómicas de turismo rural.

Pódese enviar un mail a info@galiciaturismorural.viajes ou un whatsapp ao 631 179 252, en cuxo caso se recibirá unha chamada para completar os datos telefónicamente.

Recursos interesantes

Documentación COVID19

Novas recentes sobre o impacto do covid19 no turismo rural, recursos de Fegatur, preguntas frecuentes, documentación, enlaces de interese,...

Documentación