¿Queres incrementar as reservas online do teu aloxamento?

Comercialización dixital establecementos

Fegatur en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia colaboran no proceso de comercialización dixital de todos os establecementos de aloxamento rural de Galicia. Para tal fin está a promover a implantación do motor de reserva de RuralGest na plataforma galiciaturismorural.es, que nestes momentos está en proceso de actualización e potenciación.

Máis información
¿Como podo promover o comercio online no meu aloxamento de turismo rural?

Programa de comercialización dixital

Fegatur en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia colaboran no proceso de comercialización dixital dos establecementos de aloxamento rural de Galicia. Para tal fin está a promover a implantación do motor de reserva de RuralGest na plataforma galiciaturismorural.es.

Dende este mércores 22 de xullo xa é posible realizar reservas directas en establecementos de turismo rural de Galicia a través de galiciaturismorural.es. Esta iniciativa, froito do convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Federación Galega de Turismo Rural – Fegatur, arrinca cos establecementos que dispoñen do motor de reservas de RuralGest. De xeito paulatino iranse incorporando os establecementos que o desexen e que estean incluídos no REAT da Xunta de Galicia baixo o código TR. (hospedarías rurais, pazos e outras edificacións sobranceiras, casas rurais, aldeas de turismo rural)

Un dos retos que se afrontan coa medida 25 do Plan de reactivación do sector turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19 era que a Axencia Turismo de Galicia promovera a competitividade e innovación para a potenciación de plataformas online de comercialización de experiencias turísticas. Neste marco, Fegatur propuxo a creación dunha plataforma de comercio electrónico do turismo rural galego para todos aqueles establecementos rexistrados. Esta iniciativa, unha aspiración longamente agardada polo sector, logra por fin materializarse.

O proxecto desenvolverase por fases: A primeira arrinca neste mes de xullo coa reorientación da web galiciaturismorural.es para ila transformando na plataforma de comercio electrónico. Así comezará amosando aqueles establecementos que xa dispoñen do motor de reserva líder no turismo rural, RuralGest. Grazas a elo, as persoas viaxeiras interesadas poderán coñecer os establecementos e realizar a súa reserva directamente sen custe adicional. Máis de 175 aloxamentos aparecen na plataforma. Esta posta en marcha irá acompañada dunha pequena campaña de promoción en internet ca fin de acadar un bo posicionamento. Servirá, así mesmo, de proba inicial para ir desenvolvendo as melloras oportunas.

Deseguido poñerase en marcha unha segunda fase, na que acadar a incorporación de todos os establecementos que desexen integrar o motor de reserva para a súa comercialización. A información e a oferta turística dos xeodestinos da nosa terra irase vinculando aos establecementos, aportando unha visión integradora do turismo rural, facendo del a alternativa ideal, por segura, personalizada, próxima a entornos naturais e sen aglomeracións, algo tan demandado agora.

O outono é outra estación do ano na que os establecementos de turismo rural acollen a un grande número de persoas , en boa parte de Galicia ou comunidades lindeiras que buscan gozar desta época de vendima, das colleitas dos outonais froitos, da espectacular e colorida paisaxe que a natureza pinta na caída da folla e dos aromas, sabores e texturas que os aloxamentos ofrecen para celebrar e gozar da excelsa gastronomía.

Todos aqueles establecementos de turismo rural interesados na iniciativa poden sumarse cubrindo o formulario de rexistro ou enviando un mail a info@galiciaturismorural.viajes ou un whatsapp ao 631 179 252, en cuxo caso se recibirá unha chamada para completar os datos telefónicamente.

Inscríbete aquí