21/6/2020

Recta final na formación Covid-19 ao sector do Turismo Rural

No marco da colaboración entre Fegatur e a Axencia de Turismo de Galicia, vense desenvolvendo o Plan de formación e implantación de medidas hixiénico-sanitarias ante a Covid-19 para os establecementos de aloxamento rural, que facilite a inminente reapertura do sector con plenas garantías para os clientes.


Nesta recta final do mes de xuño está previsto finalizar a fase de impartición da formación coas seguintes accións:

a) Formación básica para persoal dos establecementos de aloxamento rural. Nel pode participar calquera persoa que traballe ou queira traballar no sector. Neste momento xa levan participado 240 establecementos e máis de 325 persoas.
Quedan dúas convocatorias para participar: o xoves 25, de 11 a 12:30, e o venres 26, de 16 a 17:30, estando aberto o prazo de inscrición neste ENLACE

b) Formación para xerentes/propietarios-as de establecementos de aloxamento rural. Trátase dun nivel máis avanzado de formación no que se abordarán dende a perspectiva xerencial a implantación das medidas hixiénico-sanitarias, así como os temas relativos á relación comercial cos clientes e a resolución de conflitos que se poidan producir. Acompañarase documentación específica e haberá un acompañamento individualizado na implantación das medidas a través dos consultores de Supernova (xuño-xullo). De xeito telemático atenderanse todas as dúbidas particulares que se poidan producir, de xeito que se garanta a axeitada aplicación dos procedementos e recursos propostos na formación.
A inscrición a podedes facer de seguido en unha das dúas webinars previstas:
  a) Inscrición 23 xuño, 11-12:30: AQUI
  b) Inscrición 30 xuño, 17-18:30: AQUI