29/7/2020

Información chegada a Galicia de persoas procedentes doutros territorios

O pasado 28 de xullo de 2020 foi publicado no DOG (Diario Oficial de Galicia) a resolución da Dirección Xeral de Saúde Pública sobre as medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.


Todos aqueles viaxeiros procedentes de fóra de Galicia deberán informar á Xunta de Galicia. Para tal fin, deberán cubrir o formulario dispoñible no enderezo coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou ben subministrar os correspondentes datos chamando ao teléfono 881 00 20 21.


Extracto principal da resolución:

«As persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, en territorios cunha alta incidencia do COVID-19 en comparación coa existente na Comunidade Autónoma galega ou respecto dos cales non se dispoña de información ou de datos fiables sobre a situación epidemiolóxica existente neles deberán comunicar, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia a través do formulario dispoñible no enderezo https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou ben chamando ao teléfono 881 00 20 21

Os citados datos serán empregados polas autoridades sanitarias autonómicas exclusivamente para contactar con ditas persoas para o cumprimento de finalidades de saúde pública cos efectos de facilitarlles a información e as recomendacións sanitarias que procedan, así como, de ser o caso, en atención ás concretas circunstancias concorrentes, para a adopción das medidas sanitarias que resulten necesarias, sempre de acordo coa lexislación aplicable e buscando, de maneira preferente, a colaboración voluntaria da persoa afectada coas autoridades sanitarias.»


Deste modo, a partir de hoxe, 29 de xullo, será obrigatorio proporcionar dita información tanto persoas residentes en Galicia coma non residentes, e deberá ser cumprido independentemente da presenza ou non de síntomas compatibles co COVID-19.


Co fin de facilitar dita información, solicitamos a tódolos establecementos turísticos de Galicia a difusión de dita obriga aos seus hóspedes, podendo incorporar en zonas visibles do aloxamento cartelería informativa. Neste eido, proporcionamos a cartelería creada polos nosos compañeiros do Cluster Turismo de Galicia (descargar aquí)


¿Queres ler a publicación enteira do DOG sobre ditas medidas de prevención polo COVID-19?

Descargar aquí